InicioPolíticaVicepresidencia da Deputación de Lugo non dará apoio económico a actividades ...

Vicepresidencia da Deputación de Lugo non dará apoio económico a actividades con participación israelí

A Vicepresidencia do organismo provincial, en mans do BNG, reforzará a supervisión de programas deportivos e culturais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, do BNG, anunciou que non financiará actividades nin eventos nos que participen equipos ou colectivos que, dalgún modo, contribúan a “lexitimar o xenocidio” do Goberno de Israel contra a poboación palestina.

Desde o organismo provincial advertiuse do uso que, en ocasións, faise do deporte e a cultura para “blanquear este masacre”, e por iso avanzou que reforzará a supervisión dos programas patrocinados desde as súas distintas áreas de Goberno na Deputación.

Ao mesmo tempo, a Vicepresidencia reclamou á comunidade internacional medidas “firmes e eficaces” para pór fin ao que consideran “un proceso de exterminio e expulsión” da poboación de Gaza e Cisxordania.

A Vicepresidencia tamén quixo mostrar o seu respaldo ás persoas e colectivos que, exercendo o seu dereito de manifestación e liberdade de expresión, “mobilízanse de maneira pacífica” contra a situación que vive o pobo palestino.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...