InicioSociedadeUrbanismo volve frear a ampliación da Protectora de Muxa por incumprir a...

Urbanismo volve frear a ampliación da Protectora de Muxa por incumprir a Lei do Chan

O Concello de Lugo insiste en que o proxecto debe respectar a distancia mínima de cinco metros cos linderos da parcela.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área de Urbanismo do Concello de Lugo volverá emitir un informe desfavorable sobre o proxecto de ampliación e remodelación da Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Muxa. O motivo segue a ser o incumprimento da Lei do Chan de Galicia, que obriga a manter unha separación mínima de cinco metros entre as edificacións e os linderos da parcela.

Trátase do segundo informe técnico municipal, despois do xa emitido en xuño, que advertía da imposibilidade de legalizar construcións que non respectasen a normativa urbanística. O novo documento conclúe que a proposta actual non resolve as deficiencias detectadas, polo que o Concello insiste na necesidade de modificar o proxecto antes de poder aprobalo.

O concelleiro de Urbanismo, Jorge Bustos, subliñou que o Goberno local mantén o seu apoio á legalización e ampliación das instalacións, mais sempre que se axusten á lexislación vixente. “O noso compromiso coa Protectora é firme, pero é imprescindible cumprir a normativa”, apuntou, lembrando tamén que as correccións aínda se poden realizar nesta fase e que xa foron comunicadas á entidade en reunións anteriores.

Bustos incidiu en que o cumprimento da normativa non só afecta ás novas obras, senón tamén á demolición das instalacións actuais que non respecten a distancia obrigatoria. Ademais, sinalou que o expediente continúa pendente da declaración de Incidencia Ambiental, informe vinculante que debe emitir a Xunta a través da Consellería de Medio Ambiente, e cuxo prazo de exposición pública remata o 8 de setembro.

ÚLTIMAS

Dous detidos por causar 17 incendios forestais en parroquias de Vilalba

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Nacional Adscrita de...

Cristina Lombao será a pregoeira do San Froilán 2025 e Branca Villares lerá a ofrenda a Rosalía

A xornalista Cristina Lombao será a encargada de pronunciar o pregón do San Froilán 2025,...

Lugo lanza 640 accións formativas para impulsar a dixitalización no rural

A Deputación de Lugo pon en marcha este mes o programa “E para dixitalizarse...

Varias denuncias de lucenses vítimas dunha estafa piramidal con criptomoedas

Numerosos veciños de Lugo e da provincia denunciaron ser vítimas dunha estafa piramidal vinculada á...