InicioSucesosA neve complica o tránsito por estrada no Cebreiro

A neve complica o tránsito por estrada no Cebreiro

A Dirección Xeral de Tráfico estabelece o nivel amarelo na LU-633, prohibindo a circulación de camións e vehículos articulados polo Cebreiro debido á neve

PUBLICADA O

- Advertisement -

Volve a neve e regresan as complicacións nas estradas lucenses. A Dirección Xeral de Tráfico marca neste venres o nivel amarelo na vía LU-633 que atravesa o Cebreiro ata chegar ao núcleo de Pedrafita. Por mor da neve, os vehículos articulados e camións teñen prohibida a circulación.

A mesma información do GaliciaConfidencial indica que, ademais das complicacións no termo municipal de Pedrafita do Cebreiro, a DXT recomenda transitar con precaución na A-8 ao paso polo alto do Fiouco, en Mondoñedo. Isto débese á presenza de néboa entre os quilómetros 536 e 552, con visibilidade reducida.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...