InicioSucesosDenunciados 118 condutores en Lugo por superar a velocidade permitida

Denunciados 118 condutores en Lugo por superar a velocidade permitida

A Policía Local controlou máis de 1.300 vehículos, detectando velocidades máximas de ata 103 km/h en vías limitadas a 50 km/h.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de 118 condutores foron denunciados en Lugo por superar a velocidade permitida, segundo o parte de incidencias da Policía Local relativo aos últimos días. Entre os delitos contra a seguridade viaria, deuse o alto a un condutor, na glorieta das Mercedes que presentaba signos de conducir baixo os efectos do alcol e que arroxou un resultado positivo de 0,71 miligramos/litro. Outro condutor foi interceptado tamén na rúa Miguel de Cervantes, dando no seu caso un resultado de 0,72 mg/l.

En ambos os casos inmobilizáronse os coches e abríronse actuacións para un xuízo rápido. A estas sumáronse outras administrativas tamén por conducir baixo os efectos do alcol ou por facelo baixo o consumo de drogas.

En canto aos controis de velocidade, principalmente en vías do centro urbano, controlouse a un total de 1.343 vehículos, con 118 condutores denunciados. A velocidade máxima captada foi de 101 e 103 quilómetros por hora en vías con velocidade limitada a 50 quilómetros por hora.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...