InicioSociedadeO Concello lanza un proceso de libre disgnación para xefe da Policía...

O Concello lanza un proceso de libre disgnación para xefe da Policía Local

A alcaldía asegura que mantén dous procesos paralelos, un provisional pola xubilación do actual xefe da Policía Local, e outro de convocatoria pública

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo abrirá un proceso de selección para cubrir a xefatura da Policía Local, do que poderán participar axentes doutros municipios e da Autonómica. Fontes da alcaldía trasladan que este nomeamento por libre designación “non se pode producir ata que sexa efectiva a xubilación da persoa que ocupa na actualidade o posto”. Esta circunstancia motivou ata seis intentos frustrados para nomear un responsable provisional.

Polo de agora, o goberno local non ten coñecemento de se José Antonio Mera contestará á notificación para ocupar o posto ata a xubilación do xefe actual, Manuel Novo, que ademais está de baixa médica. De confirmarse a negativa, a alcaldesa Lara Méndez procederá a nomear a un axente de categoría inmediata inferior, con criterios de mérito e capacidade. 

Trátase do sexto intento de nomeamento da xefatura da Policía nos últimos días por parte do equipo de goberno, polas baixas médicas que foron presentando algúns dos inspectores nomeados. Sobre esta circunstancia, a rexedora ironizou ao asegurar que “na cidade non hai ningunha epidemia, polo menos declarada”, asegurando que confía na responsabilidade de cada axente.

Este luns, o Concello tivo que rectificar despois de nomear “por erro” a Benito Martínez Muinelo, delegado da central sindical de funcionarios CSIF. Segundo o goberno local, a rectificación obedeceu a que se empregou “como criterio a antigüidade, e había que ter en conta os méritos do axente seleccionado”.

Proceso de libre designación

Policía Local de Lugo | GMPP
Policía Local de Lugo | GMPP

Así, o equipo de goberno traballa na convocatoria dun proceso de libre designación para cubrir a xefatura da Policía Local. Este sistema, como estabelece a Lei de Coordinación de Policías Locais de Galicia, está aberto a axentes da Policía Local doutros municipios galegos e tamén da Policía Autonómica. A selección na convocatoria pública farase de acordo cos principios de igualdade, mérito e capacidade.

O voceiro municipal, Miguel Fernández, trasladou que o executivo “trasladou con previsión” ante a entrada en vigor do Real Decreto Lei que regula a xubilación anticipada dos axentes. Á xubilación do xefe da Policía Local hai que engadir a dos efectivos que, con 59 anos, acrediten 37 de actividade efectiva e cotización. 

Nese senso, explicou que nas catro ofertas de emprego público (2015 a 2018) comprenden un total de 19 prazas para a Policía Local, 8 de quenda libre e 11 de promoción interna, incluídas catro para ascender a inspector, outra a inspector principal e outra a intendente. Tan só dúas destas prazas están cubertas, aínda que outras catro de inspector quedarán “cubertas nuns meses”.

Ademais, en canto remate o prazo marcado no decreto para comunicar a intención de acollerse á xubilación anticipada (31 de xaneiro), a alcaldía presentará a quinta oferta de emprego público do mandado para cubrir o cen por cento destes casos, así como a promoción interna de tres inspectores. Hai 22 axentes que pediron a xubilación.

O voceiro asegurou que todos os concellos galegos viven “unha situación un tanto anómala” trala entrada en vigor do decreto de xubilación anticipada da Policía. Esta condición “se pronuncia quizais en Lugo, porque a media de idade dos traballadores municipais é bastante elevada, de 55 anos ou máis”. Fernández detallou que esta problemática “é máis agudizada en Galicia que noutras comunidades” pola normativa autonómica, “que impide a cobertura de prazas con funcionarios interinos na Policía”.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

O PP de Lugo apoia a iniciativa de recoñecer a Fernando Ónega como Fillo Adoptivo da cidade

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo apoia a iniciativa impulsada por un...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...