InicioSucesosRoubo con forza nun bar de Lugo: detido o presunto autor pouco...

Roubo con forza nun bar de Lugo: detido o presunto autor pouco despois da intrusión

Unha alarma activou o dispositivo policial que rematou coa detención do sospeitoso na Rúa Nova.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo no centro da cidade de Lugo a un home como presunto autor dun delito de roubo con forza. Segundo detallou a Policía nun comunicado, na madrugada deste venres recibiuse na sala do 091 unha chamada da central de alarmas de seguridade privada alertando dunha intrusión nun local de hostalaría da zona monumental.

Ata alí desprazáronse axentes policiais que, unha vez alí, comprobaron que se produciu un roubo pero non lograron localizar a ninguén no interior. Deste xeito, púxose en marcha un dispositivo policial para a súa localización nas inmediacións e, minutos máis tarde, localizouse ao presunto autor do roubo na Rúa Nova.

Neste contexto, foi detido como presunto autor dun delito de roubo con forza. Cabe destacar que o home portaba o diñeiro en efectivo que presuntamente subtraera no local de hostalaría. Con todo, foi posto a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...