InicioEconomíaO dron Lua proba en Rozas a tecnoloxía galega para a loita...

O dron Lua proba en Rozas a tecnoloxía galega para a loita contra o lume

Os compoñentes do helicóptero non tripulado Lua o converten no único sistema da súa clase en poder operar en todos os espectros de visibilidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR), en Castro, avanza no deseño de sistemas autónomos de loita contra o lume. Este mércores, unha comitiva da Xunta de Galicia asistiu á demostración do dron Lua, plataforma desenvolvida por Babcock, que emprega a tecnoloxía galega Einforex FF para procesar en tempo real imaxes no espectro visible e infravermello. Estas capacidades para o seguimento dos lumes nun vehículo deste tamaño o converten en único no mercado.

O Lua é o irmán pequeno do Lumes. Estas aeronaves non tripuladas son, canda o Targus de Indra e Gaerum, as primeiras en empregar as instalacións da base de Rozas. Fontes do executivo autonómico sinalan a importancia do Einforex, desenvolvido coa participación da empresa lucense Veoline, as corporacións galegas Soldatec, Itmati, Coremain e Cinfo, e a catalá Pildo. Este sistema, probado por vez primeira a bordo do Lua, “abrirá un mundo de posibilidades” na información de emerxencias. 

Tal e como sinalou o conselleiro de Economía, Francisco Conde, este proxecto “resume o espírito do polo aeroespacial” ao consolidar a alianza entrea empresa tractora (Babcock) e as empresas locais “para chegar a mercados internacionais” con solucións realizadas en Galicia para un problema global coma os lumes forestais. 

A Xunta subliña que o polo aeroespacial leva mobilizados 50 millóns de euros dos 165 previstos. En 2019 contará cun investimento de 18,1 millóns para seguir co avance de iniciativas no parque industrial, a aceleradora aeronáutica e a nova aula formativa de Rozas.

 

A aterraxe de Boeing en Rozas vén da man doutros dous proxectos

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...