InicioMedioambiente e PatrimonioA Fundación Reina Sofía realizará unha restauración forestal na Serra do Courel,...

A Fundación Reina Sofía realizará unha restauración forestal na Serra do Courel, afectada polos incendios de 2022

Esta é unha das áreas de maior riqueza ecolóxica do noroeste peninsular.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Fundación Reina Sofía anunciou que realizará, en colaboración coa Xunta e a dirección da Reserva da Biosfera Ribeira Sacra, Serras do Oribio e do Courel, un novo proxecto de restauración forestal na Serra do Courel, situada na provincia de Lugo. Esta é unha das áreas de maior riqueza ecolóxica do noroeste peninsular e que foi afectada os incendios forestais de 2022. Así, o proxecto centrarase na recuperación do bosque autóctono.

Este anuncio enmárcase na visita deste venres da raíña emérita á Ribeira Sacra e ao municipio ourensán de Castro Caldelas, onde coñeceu o castelo, percorreu as rúas e visitou a Igrexa da nosa Señora dos Remedios. Esta iniciativa que desenvolverán e que reafirma cunha acción concreta o compromiso da Fundación Reina Sofía coa conservación do patrimonio ambiental, histórico e cultural, contribuirá á rexeneración dunha contorna de alto valor ecolóxico e simbólico.

+ posts

ÚLTIMAS

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

O PP de Guitiriz amplía a denuncia contra a alcaldesa por posibles “irregularidades en documentos oficiais”

O Partido Popular de Guitiriz anunciou este mércores a ampliación da denuncia presentada contra...

O PSdeG de Rábade critica os orzamentos de 2026 por non teren “proxecto político”

O Grupo Municipal Socialista de Rábade votou en contra da aprobación inicial dos orzamentos...

Luz verde do Concello de Lugo para ampliar o paseo do río Rato

A xunta de goberno local de Lugo deu luz verde á intervención no tramo...