InicioSociedadeO patrocinio dun clube de alterne no cartel dunhas festas volve xerar...

O patrocinio dun clube de alterne no cartel dunhas festas volve xerar polémica en Outeiro de Rei

O BNG reclama ao Concello unha regulación publicitaria firme e máis axudas para as comisións de festexos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un ano máis xurdiu a polémica en Outeiro de Rei pola publicidade que se inclúe nos carteis de festas ao meter como entidade patrocinadora das festividades en San Martín de Guillar a un clube de alterne da zona. En redes sociais, o BNG mostrou a súa “preocupación” por esta situación, da que desvincula ás comisións organizadoras, “que adoitan contar cun orzamento axustado e poucas axudas públicas e que se ven obrigadas a recorrer a patrocinios e colaboracións para facer posibles estas celebracións”.

Así, culpa dos feitos ao Concello por “falta de criterios claros” para regular este tipo de publicidade en espazos públicos, onde tamén están menores, polo que os nacionalistas animaron ao equipo de goberno a establecer “uns mínimos criterios éticos e sociais para evitar que situacións como esta se repitan outro ano máis”. Nesta mesma liña, pediron máis apoio municipal ás comisións e asociacións, “que en ocasións non poden saber con que fondos contarán, con parámetros claros e obxectivos, véndose conducidas a depender de determinados tipos de financiamento”.

Esta polémica non é a primeira vez que xorde e xa foi tratada en citas festivas anteriores, da mesma maneira que se reclamou a colocación dun valo no campo de fútbol con publicidade doutro local deste tipo. Unha situación que o BNG levou a pleno e da que se desvinculou o Goberno local. “Seguiremos defendendo unhas festas inclusivas, alegres e respectuosas para toda a cidadanía e tamén unhas regras claras e para todas iguais no que se refire ao acceso a financiamento público”, conclúen os nacionalistas.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...