InicioMemoria HistóricaLugo acollerá a Asemblea Nacional da Asociación Española de Festas e Recreacións...

Lugo acollerá a Asemblea Nacional da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas en 2026

A reunión desenvolverase os días 17 e 18 de abril do próximo ano, coincidindo co ano de celebración do 25 aniversario do Arde Lucus.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo acollerá en 2026 a Asemblea Nacional da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas (AEFRH), o principal encontro anual do sector, no que participan 56 festividades de toda España. Segundo explicou o Concello nun comunicado, a designación fíxose pública ao finalizar a asemblea deste ano, que se celebrou en Xinzo de Limia.A reunión desenvolverase os días 17 e 18 de abril do próximo ano, coincidindo co ano de celebración do 25 aniversario do Arde Lucus. O concelleiro de Xuventude, Jorge Bustos, valorou o anuncio como “un novo impulso” para continuar coa mellora da calidade da festa e a súa proxección exterior, sempre desde o respecto á súa orixe e ao traballo colectivo que a fixo posible.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...