InicioLugo e contornaLugoDetido en Lugo por unha suposta agresión a unha persoa que tratou...

Detido en Lugo por unha suposta agresión a unha persoa que tratou de separalo da súa nai durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron nas últimas horas a un home como presunto autor dun delito de lesións, tras agredir a outra persoa que intermediou nunha disputa familiar.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron nas últimas horas a un home como presunto autor dun delito de lesións, tras agredir a outra persoa que intermediou nunha disputa familiar. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron o pasado sábado, cando unha dotación acudiu a un domicilio da rúa Chantada, alertada por unha disputa familiar nunha vivenda compartida.

Ao chegar, o denunciante manifestou que interviñera para separar a unha das inquilinas e ao seu fillo, que se estaban pelexando, e que acabara sendo agredido por ambos. En concreto, explicou que o fillo lle propinou unha puñada que lle provocou unha ferida nunha cella, aínda que a nai aseguraba que o denunciante iniciara as agresións. Ao día seguinte, ao día seguinte, unha patrulla que se atopaba pola zona identificou na vía pública ao presunto autor da puñada, e procedeuse á súa detención.

+ posts

ÚLTIMAS

A CIG traslada a súa manifestación do 1 de maio a Lugo para denunciar a “deriva autoritaria e golpista do PP”

Os sindicatos lanzarán un berro pola paz e contra a guerra este 1 de...

Remata a repavimentación da rúa Benxamín Paz en Vilalba

O Concello de Vilalba vén de concluír os traballos de aplicación do aglomerado en...

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...