InicioEconomíaInspeción sanciona con case 850.000 euros a dúas empresas implicadas na contratación...

Inspeción sanciona con case 850.000 euros a dúas empresas implicadas na contratación de temporeiros en Begonte

A alerta saltou ante a presenza dun grupo numeroso de cidadáns de orixe africana aloxados nun establecemento en Ordes

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Inspección de Traballo impuxo sancións que ascenden a case 850.000 euros ás dúas empresas implicadas na contratación de temporeiros de orixe africana en situación irregular para traballar nunha explotación de arandos en Begonte, segundo informan a Europa Press fontes coñecedoras do caso.

A rede foi desmantelada en xaneiro, cando a Garda Civil comunicou que investigaba a tres persoas, dous cidadáns galegos e outro de orixe africana, como presuntos autores dun delito contra os dereitos dos traballadores, pola contratación destes temporeiros.

Segundo informaron fontes da Comandancia da Coruña, a investigación, bautizada como Operación Anavia, foi desenvolvida polo Equipo de Delitos contra as Persoas da Unidade Orgánica de Policía Xudicial (UOPJ) da Comandancia da Coruña, en colaboración coa Inspección de Traballo e Seguridade Social (ITSS) de Lugo, e iniciouse tras recibir unha alerta sobre a presenza dun grupo numeroso de persoas de orixe africana aloxadas nun antigo hotel de Ordes, establecemento que carece actualmente de licenza de hostalaría.

Unha residente do inmoble avisou á Garda Civil e cando os axentes acudiron comprobaron que esas persoas estaban desorientadas e non sabían onde dirixirse. Tras entrevistarse con eles, coa colaboración dos servizos sociais, logrouse recolocalos e iniciouse unha investigación para coñecer os motivos da súa chegada a Galicia.

Esas pescudas permitiron comprobar que os migrantes, en situación irregular, viaxaran desde o sur de España, principalmente desde Granada, coa promesa de que traballarían nunha explotación agrícola de Lugo. Unha vez en Galicia eran distribuídos en distintos inmobles de varias localidades, onde debían pagar un importe diario polo aloxamento, ademais de pagar o transporte diario ata a leira onde traballaban.

INSPECCIÓN NA LEIRA

A Garda Civil localizou a leira, unha explotación de arandos en Begonte e unha das leiras máis extensas da provincia, e planificou un operativo conxunto coa participación da ITSS de Lugo, axentes de Policía Xudicial da Coruña e efectivos da Comandancia de Lugo. Nesa inspección, realizada o pasado verán, foron localizados 92 temporeros, dos cales 82 eran cidadáns estranxeiros en situación irregular, sen permiso de residencia nin de traballo.

ARMAZÓN EMPRESARIAL

A investigación permitiu identificar unha armazón empresarial que facilitaba a contratación irregular dos temporeros. As empresas responsables da explotación subcontrataban a través dunha empresa de traballo temporal (ETT) con domicilio en Sevilla, que daba de alta ficticia a un número reducido de traballadores en situación regular, mentres empregaba sen contrato ao resto dos temporeiros.

Como resultado da operación, e tras recibir os preceptivos informes do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), foron investigadas ese tres persoas. Agora, transcende a multa de case 850.000 euros imposta a dúas empresas implicadas.

ÚLTIMAS

Axentes atopan a un paciente do HULA en pixama polas rúas de Lugo

A Policía Local de Lugo realizou unha serie de actuacións humanitarias co obxectivo de...

O BNG insta á Xunta a actuar “con urxencia” no xulgado de Lugo tras o seu peche por risco de novos derrubes

A deputada do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Parlamento galego Olalla Rodil solicitou á Xunta que actúe "con...

Unha muller agride a un axente en Lugo tras saír da vía o vehículo no que viaxaba de acompañante

A Policía Local de Lugo detivo a unha muller por agredir a un axente despois de...

Cae parte do teito do Xulgado do Social número 4 de Lugo, o que obriga á recolocación de traballadores e a xuíza

A xuíza decana dos Xulgados de Lugo, Olalla Díaz Sánchez, ordenou o peche provisional do...