Alomenos trinta provincias amenceron en situación de risco por baixas temperaturas, entre elas Lugo e Ourense, que poderían alcanzar os -6 graos centígrados. Estes valores son semellantes aos de puntos da Meseta coma Soria ou Toledo. A comunidade máis afectada polo frío é Castela e León, con todas as súas provincias con avisos por baixas temperaturas.