InicioPolíticaO vindeiro pleno provincial aprobará as bases do Plan Deputación 2025, que...

O vindeiro pleno provincial aprobará as bases do Plan Deputación 2025, que sobe a 22 millóns

O programa supón transferir aos concellos máis do 20% dos orzamentos provinciais, seguindo criterios públicos e obxectivos, e cun respecto total á autonomía municipal, tal e como destacou o presidente provincial

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, anunciou este martes que o pleno ordinario deste mes de decembro, que se celebrará o venres 27, levará para o seu debate e aprobación as bases do Plan Deputación de Cooperación cos concellos 2025.

Trátase dun programa de investimentos que, segundo sinalou o presidente provincial, sobe ata os 22 millóns, e grazas aos que as 67 entidades locais da provincia poderán desenvolver actuacións en materia de infraestruturas, creación de emprego, Servizo de Axuda no Fogar, actividades, eventos ou administración electrónica.

O programa supón, por tanto, transferir aos concellos máis do 20% dos orzamentos provinciais, seguindo criterios públicos e obxectivos, e cun respecto total á autonomía municipal, tal e como destacou o presidente provincial.

Nun comunicado, a institución provincial destacou que o Plan Deputación 2025 mantén así a súa esencia, facendo a repartición tendo en conta a poboación, a superficie, a dispersión territorial e a taxa de envellecemento, segundo os datos oficiais do Instituto Nacional de Estatística (INE).

Así mesmo, o mandatario provincial detallou que esta medida “forma parte do compromiso de máxima cooperación cos concellos”. “Cada ano incorporamos melloras, sempre pensadas para facilitarlles a planificación e a xestión dos investimentos, e para que estes fondos sirvan da mellora posible para atender as necesidades dos seus veciños e veciñas”, destacou.

PLAN DEPUTACIÓN 2025

A Deputación de Lugo destacou que, por quinto ano consecutivo, o Executivo provincial sacará adiante o plan no exercicio anterior ao seu período de vixencia, o que permite ás entidades locais planificar as accións municipais con maior antelación e traballar con máis previsión e tempo, de forma que poidan aproveitar mellor os fondos.

Por exemplo, as obras publicas poderanse executar na primavera-verán, o período do ano máis adecuado para traballar en exteriores dadas as características climáticas da provincia.

Así mesmo, as bases do Plan Deputación publicaranse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o día 7 de xaneiro, pasadas as datas de Nadal, o que tamén permite aos concellos ter máis tempo para elaborar as memorias e proxectos das obras que queren presentar con cargo a estes investimentos. Terán un mes, ata o 7 de febreiro, para presentar a documentación.

INFORME ANUAL DA CEL

Por outra banda, o presidente provincial e o secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López Vázquez, presentaron este martes o informe anual 2024 do ente, un estudo elaborado por quinto ano consecutivo pola organización empresarial grazas á colaboración da institución provincial que recompila os datos demográficos, sociolaborais e económicos máis significativos da provincia e dos 67 municipios que a conforman.

Tomei destacou o traballo da CEL para “manter ano tras ano actualizada esta indispensable ferramenta de análise” que, segundo dixo, servirá “para saber como están as cousas e que se pode facer para melloralas”.

Segundo apuntou, na provincia de Lugo atópase só o 12% de poboación de Galicia, pero conta co 12% das empresas de comunidade, que producen o 11% do PIB galego, uns 7.400 millóns de euros”. Ademais, destacou que a taxa de paro é un punto e medio inferior á galega, 8,2% fronte aos 9,7 galegos, e baixou 7,6 puntos desde o ano 2012″.

O mandatario provincial puxo en valor que Lugo avanza en moitos indicadores económicos e sociais e mencionou, como exemplo, o sector primario, onde a provincia destaca no sector gandeiro e lidera en agricultura ecolóxica, concentrando 48% de superficies deste tipo explotacións.

Tamén destacou o músculo comercial, cunhas exportacións que alcanzan os 641 millóns de euros, e o turístico, que con 700.000 visitantes anuais volven superar as cifras anteriores á pandemia.

ÚLTIMAS

Ferido un conductor tras un choque entre o seu vehículo e un camión en Guntín

O condutor dunha furgoneta resultou ferido este martes tras chocar o vehículo no que...

O viaduto do Castro na A-6 estará operativo desde o 30 de decembro

O ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, anunciou este luns que o...

O Corgo rexistra un pequeno terremoto

O municipio lucense do Corgo foi epicentro dun pequeno tremor de terra ocorrido na...