Home A Ulloa Monterroso Investigado un veciño de 44 anos de Monterroso polo roubo de 660 metros de cable de cobre

Investigado un veciño de 44 anos de Monterroso polo roubo de 660 metros de cable de cobre

0
Investigado un veciño de 44 anos de Monterroso polo roubo de 660 metros de cable de cobre
Detido un veciño de Monterroso (Lugo) polo roubo de 660 metros de cable de cobre.. GARDA CIVIL

A Garda Civil investiga a un veciño de Monterroso, de 44 anos de idade, como suposto autor dun delito de furto, pola subtracción de 660 metros de cable de cobre. Segundo informaron fontes da Comandancia, o furto ocorreu nunha nave en construción situada no polígono industrial de Palas de Rei, de onde o sospeitoso levou diverso material de obra, ademais do cable de cobre. As investigacións puideron constatar que o suposto ladrón realizaba a venda do cable por ‘goteo’, en diferentes establecementos, para evitar levantar sospeitas. As dilixencias e a persoa investigada foron postos a disposición xudicial.

+ posts