InicioPolíticaO PP esixe que Tomé se desculpe por dicir que ir entre...

O PP esixe que Tomé se desculpe por dicir que ir entre de Lugo a Ourense “levaría 45 minutos”

O deputado lucense no Congreso Jaime de Olano acusou ao dirixente socialista de "mentir" aos lucenses. "Mesmo me acusaba de contar mentiras que non estaban sustentadas en datos fiables", rememorou

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP lucense esixiu este luns ao presidente da Deputación, o socialista José Tomé, que “pida desculpas públicas aos lucenses” tras “asegurar que o tempo de viaxe entre Lugo e Ourense unha vez finalizadas as obras en marcha na liña ferroviaria será de 45 minutos”, cando o Clúster da Función Loxística “sitúao nun mínimo de 1 hora e 22 minutos, case o dobre”.

O deputado lucense no Congreso Jaime de Olano acusou ao dirixente socialista de “mentir” aos lucenses. “Mesmo me acusaba de contar mentiras que non estaban sustentadas en datos fiables”, rememorou.

“Agora non o di o Partido Popular, senón os propios profesionais do sector, que rebaixan a velocidade media do tren pola provincia a 75km/h no canto do 160km/h que di Tomé, subliñou.

Nun comunicado, os populares lucenses lembran que advertiron “en numerosas ocasións” da necesidade de retomar os proxectos das variantes de Rubián e Os Peares-Canabal como previra o anterior Goberno do PP para “facer posible que chegue á provincia a alta velocidade”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Granxa Gayoso Castro acolle un curso de dixitalización de sistemas de xurro no que participan preto de 50 gandeiros

  O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este mércores na inauguración da...

O PP acusa ao BNG de “mala xestión” da Área de Cultura da Deputación por “xerar un alto número de renuncias”

O PP condena a “mala xestión” e a “falta de operatividade” da Área de...

Candia unificará as dúas brigadas municipais de reparación viaria

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Mobilidade e Obras, Antonio...

O colectivo Egeria presenta o libro Lugopoética 2025 coas conversas organizadas pola UNED

O salón de sesións da Casa do Concello de Lugo acolleu a presentación de...