InicioSociedadeClausuradas as caldas do río Miño ao detectar Legionella nos vestiarios

Clausuradas as caldas do río Miño ao detectar Legionella nos vestiarios

A sesión musical programada nas actividades do Caudal Fest que ía ter lugar no complexo trasládase ao 'Coliving' municipal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Concello de Lugo ordenou a clausura das caldas do río Miño ao detectar a presenza da bacteria Legionella na zona de vestiarios durante un control rutineiro. Nun comunicado, o goberno local lugués explica que, unha vez pechados os vestiarios e toda a instalación, procederán a aplicar un “tratamento de choque e desinfección integral” de todas as dotacións do complexo.

Trasladan que os circuítos de auga “non se viron afectados” polo brote desta bacteria que obriga a cancelar as reservas previstas. A previsión é que as caldas poidan reabrir ao público “nos próximos días”. O concello tamén informou que a sesión musical programada nas actividades do Caudal Fest que ía ter lugar no complexo trasládase ao ‘Coliving’ municipal. Nas próximas horas, os técnicos municipais realizarán novas tomas de mostras e análises analíticas para avaliar a situación a través de informes que serán remitidos a sanidade para a súa validación.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan...

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

As Africores de Lugo entre as beneficiadas con axudas para o control do rendemento leiteiro

A Consellería do Medio Rural publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG)...