InicioPolíticaO PP lucense convoca reunión interparlamentaria para abordar a mobilidade

O PP lucense convoca reunión interparlamentaria para abordar a mobilidade

O encontro, que terá lugar o 21 de setembro, reunirá a representantes dos populares de diversas institucións para discutir os retos de comunicacións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP lucense celebrará este sábado 21 de setembro unha reunión interparlamentaria na que representantes dos grupos populares no Concello, Deputación, Parlamento de Galicia, Congreso dos Deputados e Senado abordarán os retos de Lugo e a súa provincia en materia de comunicacións e mobilidade. O acto, segundo informou a formación nun comunicado, será clausurado pola presidenta provincial, Elena Candia, e a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado.

Baixo o título ‘Por un Lugo mellor conectado’, entre as 9.00 e as 11.00 horas, sucederanse as achegas de distintos grupos da man dun representante que exercerá de portavoz: Ramón Cabarcos (viceportavoz do Grupo Municipal Popular), Antonio Ameijide (portavoz do Grupo Provincial Popular), Cristina Sanz (viceportavoz do Grupo Popular no Parlamento de Galicia), Francisco Conde (deputado lucense do Grupo Popular no Congreso dos Deputados) e José Manuel Barreiro (viceportavoz do Grupo Popular no Senado).

“Despois de acabar o curso político facendo balance, iniciamos novo curso marcando as liñas estratéxicas”, explicou Candia. O encontro servirá para pór en común a actividade dos representantes do Partido Popular nas distintas cámaras para reivindicar mellores infraestruturas viarias e ferroviarias, entre outros asuntos de actualidade.

Senadores, deputados no Congreso, no Parlamento de Galicia, na Deputación e de Lugo e concelleiras do municipio continuarán, subliña o PP de Lugo, desenvolvendo de forma coordinada distintas accións para “esixir conexións para Lugo e a súa provincia ante gobernos de PSOE e BNG que prefiren defender os intereses de Sánchez ou a súa ideoloxía por encima dos intereses dos galegos e lucenses”.

ÚLTIMAS

Tomé dá por resolta a crise no PSOE de Lugo: “Foi unha situación insólita”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, deu por resolta a crise no PSOE...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia xa é Ben de Interese Cultural

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, que se celebra en Lugo este domingo,...

O alcalde de Lugo Miguel Fernández toma as rendas do PSOE local

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, foi elixido secretario xeral do PSOE local, en substitución da edil...

O PP de Lugo reclama explicacións a Tomé pola “maior crise de goberno” na Deputación

O Partido Popular de Lugo esixiu explicacións ao presidente da Deputación, José Tomé, ante...