InicioSucesosPelexa nocturna en bar de Lugo: dous homes identificados por agresión

Pelexa nocturna en bar de Lugo: dous homes identificados por agresión

O propietario do local foi atacado tras unha discusión, e un testemuño resultou ferido.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dous homes foron identificados por supostamente agredir ao dono dun bar no que se atopaban. Un dos presentes chamou á Policía pola pelexa e recibiu uno puñada no ollo dun dos agresores.

Segundo informa a Policía Local de Lugo nun comunicado, o suceso tivo lugar na medianoite entre o mércores e o xoves na Ronda das Fontiñas por unha pelexa nun establecemento de hostalaría.

O alertante dos feitos tivo que ser trasladado ferido a un centro hospitalario. Declarou a súa intención de presentar denuncia polos feitos e sinalou aos axentes quen fora o agresor, que foi identificado.

O propietario de local dixo que fora agredido polos dous homes, quen causaran altercados pola tarde a outros clientes. Estes dous individuos “presentaban claros signos de inxerir bebidas alcohólicas e dixeron ser agredidos polo dono do bar”.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...