InicioMedioambiente e PatrimonioSenadores do PP de Lugo instan a Pedro Sánchez a aclarar se...

Senadores do PP de Lugo instan a Pedro Sánchez a aclarar se comparte a opinión do PSdeG sobre o proxecto de Altri

Recentemente, o secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, "puxo en dúbida" que o proxecto "cumpra os parámetros para acceder a fondos europeos".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os senadores do Partido Popular de Lugo instaron a Pedro Sánchez a concretar se comparte a opinión do secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, e da vicepresidenta, Yolanda Díaz, respecto da planta de biofibras téxtiles de Altri en Palas de Rei. Segundo subliñaron os populares nunha nota de prensa, en xullo de 2020 Sánchez “comprometeu” fondos europeos para o proxecto de Altri nunha reunión que mantivo co presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Con todo, recentemente, o secretario xeral dos socialistas galegos “puxo en dúbida” que o proxecto “cumpra os parámetros para acceder a fondos europeos”. Deste xeito, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, rexistraron as preguntas para que o Executivo estatal aclare a súa postura “ante as dúbidas que sementan os socialistas galegos”. Nesta liña, os representantes da provincia lucense polo Partido Popular na Cámara Alta cualificaron o proxecto como “un dos máis importantes nos últimos anos” para o desenvolvemento industrial de Galicia e de Lugo.

Así mesmo, instaron ao presidente do Goberno central a aclarar se apoia ou rexeita a “creación de emprego”. Barreiro asegurou que o desenvolvemento industrial e o respecto ao medio ambiente “son compatibles”. Con todo, os populares aseveraron que “temen” que os socialistas e os nacionalistas se opoñan “non só a este proxecto en concreto, senón a calquera outro que xere oportunidades” no territorio.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...