Home Sucesos Excarceradas dúas persoas tras chocar frontalmente dous turismos na N-634, ao seu paso por Sancovade

Excarceradas dúas persoas tras chocar frontalmente dous turismos na N-634, ao seu paso por Sancovade

0
Excarceradas dúas persoas tras chocar frontalmente dous turismos na N-634, ao seu paso por Sancovade
Entrada do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) / LX

Os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarcerar aos condutores de dous vehículos tras chocar frontalmente na N-634 ao seu paso por Sancovade. Segundo informou o 112, o suceso produciuse minutos despois das 10.30 horas deste sábado e foi un particular o que deu a voz de alarma e detallou que os condutores non podía saír dos seus vehículos e necesitaban asistencia sanitaria.

A central de emerxencias solicitou a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros, da Policía Local, a Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vilalba. Unha vez no punto, a Policía Local confirmou que ambos os condutores non podía saír dos vehículos, porque tiñan as portas bloqueadas. Por iso os bombeiros tiveron que excarcerar aos feridos que, posteriormente, foron trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti.

+ posts