Home Sucesos Localizan en Lugo unha muller que levaba varios días falecida na súa casa

Localizan en Lugo unha muller que levaba varios días falecida na súa casa

0
Localizan en Lugo unha muller que levaba varios días falecida na súa casa
Axentes de Garda Civil | ALX

Unha muller de 63 anos foi localizada sen vida na súa vivenda en Lugo, segundo informaron fontes policiais consultadas por Europa Press O corpo foi achado o luns e foron dúas compañeiras de traballo que a botaban en falta desde facía varios días e que acudiron ata a vivenda na que residía a muller, que vivía soa.

O cadáver non presentaba signos de violencia polo que se apunta a causas naturais, precisaron as fontes consultadas e á espera da autopsia. As compañeiras cando lograron acceder á casa atopárona tirada no chan. Tamén deron aviso a efectivos policiais e a Policía Nacional asumiu o caso.

+ posts