InicioLugo e contornaO CorgoO Corgo viviu unha xornada en prol dos oficios tradicionais: "Xa non...

O Corgo viviu unha xornada en prol dos oficios tradicionais: “Xa non haberá quen faga isto”

Tamén se puideron ver coches de época, mercar artigos de segunda man ou maquinaria

PUBLICADA O

- Advertisement -

Este domingo no Corgo viviuse unha cita agardada polos veciños e xente de arredor durante todo o ano. Trátase da terceira edición do Mercado de Oficios e Artesanía que comezara o sábado e poñía fin nesta xornada. Baixo unha carpa para facer fronte ao sol das horas centrais do día, aglutinábanse diferentes representantes da artesanía galega e dos oficios tradicionais.

Cada un no seu posto amosaba todo o que un é capaz de facer de xeito artesán e coñecimos a José Luis, canteiro de profesión e a moita honra. “Sempre digo que Galicia está feita de madeira e de pedra, tanto así que os antigos canteiros construían as nosas casas e tamén as nosas tumbas. Desde que nacías ata que morrías dependías da pedra”, afirmaba. Estaba co pico dándolle forma á pedra mentres que compartía unha reflexión sobre o relevo xeracional: “Agardo que o haxa, pero eu non sempre podo vivir só disto, aquí a artesanía esta pouco valorada e pouco pagada”.

Ao redor dese lugar, no que se exhibían pezas como un muíño á man e feito en pedra, había postos con xoias, cerámica, costura… E falamos con Pepe de Vilar que se dedica á madeira e tiña desde os típicos carros de bois, reloxos de olivo ata un soporte do máis espectacular para o teléfono. Amósase orgulloso explicando aos de fóra para que serven cada unha das pezas que ten. “O día que os vellos estirémola pata, xa non hai quen faga isto”, lamentaba e engadía que iso merecía un tirón de orellas.

Continuando o percorrido por diferentes oficios atopámonos cun que é imprecindible: a la. Compartimos cunha fiandeira e tecedora traballando a la de “ovella merina”, que recoñece é “do mellor que hai”. No seu posto figura o nome de “As espigadoras”, a asociación á que pertence. Está formada por un grupo de mulleres na procura de recuperar oficios que se están perdendo e compartir coñecementos. “Aprendemos unhas das outras e tamén ensinamos a través de obradoiros”, comentaba.

OUTROS ATRACTIVOS DA XORNADA

Nesta cita ademáis de pór en valor os oficios tradicionais, tamén se avogou pola sostibilidade coa posibilidade de mercar artigos de segunda man. Había roupa para todos os gustos, zapatos, xoias, antigüidades varias,… Todo o que te poidas imaxinar e sabendo que lle darás unha segunda vida. Non faltou tampouco a música tradicional co pasarrúas da asociación A Legua Dereita e onde comer pulpo, churrascou ou ata carneiro ao espeto.

Como punto final desta viaxe no tempo non podería faltar o medio de transporte por excelencia: os coches de época. Fiat, Mercedes, BMW… Había de todo, en cores distintos, con interiores espectaculares e máis dun quixo marchar de aí cun deles. Porén, son un tesouro do máis valorado para os seus donos que os sacaron da casa para amosalos. E como lucían!

ÚLTIMAS

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...

Detida unha muller de 20 anos de idade tras tentar introducir marihuana no centro penal de Monterroso

A Garda Civil detivo a unha muller de 20 anos de idade, veciña de Pontevedra, como presunta...

Obras de rehabilitación en ligazóns da A-6 e A-8 en Begonte provocarán cortes de circulación durante tres semanas

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable inicia este xoves, 21 de novembro, as obras...

Un lucense gaña 2,6 millóns co Eurojackpot da ONCE

Un veciño da provincia de Lugo gañou 2,6 millóns de euros co Eurojackpot do...