InicioSociedadeCortan a partir deste martes a estrada provincial LU-P-1105 en Castro de...

Cortan a partir deste martes a estrada provincial LU-P-1105 en Castro de Rei por obras na vía

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo anunciou que a partir deste martes e ata o vindeiro luns, día 19, quedará cortada a estrada provincial LU-P-1105 ao seu paso por Castro de Rei debido ás obras que se están realizando na devandita vía.

Tal como indicou o ente provincial, o corte afectará ó tramo que vai desde o punto quilométrico 3,365 ata o 6,003, polo que se habilitarán desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.

A semana pasada, a Deputación anunciou o inicio das obras de mellora da estrada que conecta Ponche de Outeiro co cinto comarcal en Castro de Rei. Os traballos, nos que se invisten case 130.000 euros, consisten na reapertura das cunetas, pavimentación con aglomerado en quente e na reposición da sinalización.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...