InicioSociedadeOuteiro de Rei preparase para unha nova Estación Depuradora de Augas Residuais

Outeiro de Rei preparase para unha nova Estación Depuradora de Augas Residuais

A conselleira de Medio Ambiente anuncia a adxudicación próxima do proxecto para a nova estación depuradora, con foco tamén na renovación dos colectores.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia e o Concello de Outeiro de Rei avanzan no proxecto para construír unha nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) no municipio para mellorar o servizo que se presta á veciñanza.

Nunha reunión que mantiveron este venres a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Anxos Vázquez, comunicoulle ao alcalde da localidade, José Prado, que está previsto que Augas de Galicia adxudique nas próximas semanas o contrato para o servizo de redacción do proxecto construtivo da nova EDAR, cun orzamento inicial estimado de máis de 240.000 euros.

Segundo informou a Xunta, ese contrato inclúe tamén a mellora dos colectores xerais co obxectivo de dar solución ao problema das infiltracións de augas limpas na rede de saneamento municipal.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...