InicioSociedadeChuvia, raios e colapsos en estradas de Lugo polas treboadas do luns

Chuvia, raios e colapsos en estradas de Lugo polas treboadas do luns

O desborde de sumidoiros provocou numerosas inundacións na capital lucense, aínda que sen rexistrarse danos persoais

PUBLICADA O

- Advertisement -

As estacións que Meteogalicia ten na comunidade rexistraron máis de 3.500 raios, a maioría na provincia de Lugo, nunha tarde con fortes choivas e sarabia en numerosas localidades. Tamén se notificaron choivas de máis de 10 litros por metro cadrado nun espazo de tempo de 10 minutos, así como sarabia e un descenso “moi brusco” da temperatura.
 
A maioría de raios rexistráronse entre as 14.00 horas e as 18.00 horas, co centro de Lugo e a Montaña como áreas máis afectadas. De feito, tal e como informou a Dirección Xeral de Emerxencias, activouse un aviso laranxa por treboadas na zona de Montaña e Centro da provincia de Lugo. Do mesmo xeito, tamén se mantén activou un aviso de nivel amarelo por treboadas e choivas na Mariña de Lugo.

INCIDENCIAS

A forte treboada rexistrada especialmente en Lugo deixou numerosas incidencias, principalmente, na capital lucense. Alí, o Concello sinalou que a pesar de “a magnitude do chuvieiro e da espectacularidade dalgunhas imaxes”, as incidencias foron “baixas”.

Segundo detallou o consistorio municipal, os servizos de emerxencias, incluíndo Protección Civil, o corpo de bombeiros e a Policía Local, traballan “intensamente” para restablecer a normalidade. Entre as incidencias rexistradas, numerosas balsas de auga en rúas como a Rolda das Fontiñas, a Rolda da Muralla, a Avenida da Coruña, pero tamén na Avenida Infanta Elena e na zona do Polígono do Ceao, onde condutores se viron atrapados polo nivel que alcanzou a auga.

Do mesmo xeito, as fortes choivas tamén provocaron que os sumidoiros se visen desbordadas en lugares da zona histórica da capital lucense. Pero tamén en localidades da Montaña como Pedrafita do Cebreiro ou As Nogais os servizos de emerxencias non pararon durante toda a tarde, aínda que as incidencias non provocaron danos persoais, segundo sinalaron fontes dos operativos de emerxencias consultadas por Europa Press.

TREBOADA EN OURENSE


A treboada de verán descargada durante a tarde deste luns tamén se deixou notar na provincia de Ourense, tanto na capital como na comarca de Valdeorras, en concreto, en Carballeda de Valdeorras. Noutras zonas como o concello de Allariz, os veciños e visitantes víronse sorprendidos pola sarabia, algo que tamén ocorreu en municipios como Melide ou en Monforte de Lemos.

As choivas chegaron con aparello eléctrico e con refachos de vento. No caso da capital ourensá foron moitos os viandantes que buscaron refuxio en soportais e portais ao longo das distintas rúas á espera de que pasase a forte tromba de auga, que se resolveu sen incidencias.

Para este martes, Meteogalicia afirma que seguirán as choivas, aínda que con menos intensidade e sen avisos por treboada.

ÚLTIMAS

Senadores do PP de Lugo instan a Pedro Sánchez a aclarar se comparte a opinión do PSdeG sobre o proxecto de Altri

Os senadores do Partido Popular de Lugo instaron a Pedro Sánchez a concretar se comparte a...

Activo un gran lume en Palas que pasou ao veciño concello de Toques

A Consellería do Medio Rural e fontes da Garda Civil de Lugo informaron dun...

Dimite como edil do PP un gandeiro condenado por explotación laboral en Guntín

O BNG sinalou este mércores a un concelleiro de Guntín como un dos tres...

Investigan a un condutor de 32 anos por circular a 167 km/h por unha estrada de Cospeito limitada a 70

A Garda Civil investiga a un condutor de 32 anos de idade como suposto...