InicioAncaresBarallaUnha muller resultou ferida tras saírse da vía o vehículo no que...

Unha muller resultou ferida tras saírse da vía o vehículo no que circulaba pola A-6

No lugar, os profesionais sanitarios confirmaron que a persoa se atopaba atrapada

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller resultou ferida despois de que o vehículo no que circulaba este venres pola autovía A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, se saíse da vía.

Segundo informou o 112 Galicia, varios particulares alertaron pouco despois das 13.00 horas á central de emerxencias. Tal e como sinalaban, un turismo saíuse da vía e acabou envorcado.

Con estes datos, os operadores do 112 deron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata o punto ao helicóptero medicalizado con base en Ourense. Tamén se informou do sinistro aos Bombeiros de Sarria e á Garda Civil de Tráfico.

Xa no lugar, os profesionais sanitarios confirmaron que a persoa se atopaba atrapada. Os membros do parque comarcal de Sarria encargáronse de liberar á muller para que fose atendida e, posteriormente, trasladada.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...