Home Lugo e contorna Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

0
Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema
Autobús de doazón de sangue / Xunta

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As Termas de Lugo levarán a cabo este sábado 27 de xullo unha campaña conxunta de doazón de sangue para incentivar a participación dos usuarios e sensibilizar á cidadanía galega da importancia do “solidario xesto” de doar sangue no verán.

Segundo informan nun comunicado, a unidade móbil de ADOS estará estacionada na entrada superior do Centro Comercial As Termas, das 10:00 ás 15:00 horas para atender a todas as persoas que desexen participar.

Todos os doantes recibirán, como agasallo, unha entrada de cinema cortesía da xerencia do centro comercial, ata esgotar as 50 entradas das que dispón.

+ posts