InicioEconomíaO PP de Lugo insiste en preguntar ao Goberno se intervirá Alcoa

O PP de Lugo insiste en preguntar ao Goberno se intervirá Alcoa

Ante a "crecente incerteza" sobre o futuro da factoría

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP de Lugo insiste en preguntar ao Goberno central se acometerá a intervención pública de Alcoa San Cibrao, en Cervo, ante a “crecente incerteza” sobre o futuro da factoría.

Nun comunicado, os ‘populares’ criticaron que o Executivo segue sen aclarar se levará a cabo esta intervención, a pesar da ameaza de peche que mantén a dirección da multinacional do aluminio. O senador José Manuel Balseiro explicou que as preguntas formuladas polo PP na Cámara Alta, en maio e xuño, “aínda non recibiron contestación”, a pesar de que o regulamento establece un prazo límite de 30 días para facelo.

Estas iniciativas, segundo dixo, buscan que o Goberno explique se ten previsto cumprir os mandatos parlamentarios que, aprobados por maioría, obrigan ao Executivo a pór “todos os medios ao alcance das administracións” para garantir o futuro dunha factoría “vital” para a economía da Mariña lucense.

O PP censurou a “falta de compromiso” do Executivo de Pedro Sánchez, xa que continúan pendentes dúas medidas “fundamentais” para todo o sector electrointensivo: dispor dun prezo enerxético máis barato e “desbloquear” os parques eólicos de tramitación estatal que deben fornecer enerxía a Alcoa e que “decaeron por estar feitos fóra de prazo”.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...