InicioMedioambiente e PatrimonioEcoloxistas en Acción rexeita a planta de biometano en Lugo

Ecoloxistas en Acción rexeita a planta de biometano en Lugo

Anima á cidadanía a presentar alegacións, abertas ata o 10 de xullo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ecoloxistas en Acción mostrou o seu rexeitamento á planta de biometano que ten previsto instalarse en Lugo e anima á cidadanía a presentar alegacións, abertas ata o 10 de xullo. Nunha nota de prensa, a organización ecoloxista defendeu que desde que tivo coñecemento deste proxecto considérao “invendible”, ao igual, apunta, que sucede co de Altri.

Segundo Ecoloxistas en Acción, a súa implantación “só” xeraría beneficios a unha empresa, “migallas” a uns comuneiros e “dano e prexuízos” a toda a poboación lucense e visitantes. Así, sinalou que custa entender que a Xunta o cualifique como “iniciativa empresarial prioritaria”, aínda que agradeceu ao grupo municipal do PP de Lugo “que presentase alegacións o pasado 26 de xuño”.

Ademais, agradeceu tamén a “resposta clara e rotunda” de colectivos e da cidadanía, lembrando que o prazo para presentar alegacións permanecerá aberto ata o vindeiro mércores 10 de xullo. Por último, a organización ecoloxista mostrou a súa confianza en que a Conferencia Hidrográfica Miño Sil informará “negativamente” e defenderá “a saúde de río”, así como que a Xunta “rexeite a autorización a ese proxecto”.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...