InicioEconomíaA Deputaciónanuncia un investimento para mellorar a rede provincial de estradas

A Deputaciónanuncia un investimento para mellorar a rede provincial de estradas

Os traballos de mellora centraranse en tres municipios: Antas de Ulla, Castro de Rei e O Saviñao

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz socialista da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, anunciou este venres, ao termo da reunión ordinaria da Xunta de Goberno da institución, a adxudicación de catro proxectos na rede de estradas provincial chamados a “renovar a rede viaria” e a “mellorar a mobilidade na provincia”.

Unhas actuacións de renovación que, unidas aos traballos de roza noutras infraestruturas aprobadas tamén este venres, contarán cun investimento acumulado, precisou García Porto, de “preto dun millón e medio de euros”.

Os traballos de mellora da rede de estradas centraranse en tres municipios –Antas de Ulla, Castro de Rei e O Saviñao– mentres que os labores de roza para “o mantemento e a conservación” das infraestruturas afectarán a oito: Muras, Xermade, Vilalba, Lugo, Guntín, Friol, Taboada e O Saviñao.

“A rede de estradas da Deputación de Lugo é a máis extensa de toda España”, subliñou Pilar García Porto, para acto seguido indicar que a institución provincial ten previsto destinar “20 millóns de euros” dos Orzamentos de 2024 á devandita materia, o que representa, puntualizou, “un incremento do 42% en relación ao último mandato”.

Na súa comparecencia ante os medios para informar os asuntos tratados na Xunta de Goberno, a portavoz da Deputación Provincial comunicou tamén que os municipios de Baralla, Sarria e A Pobra do Brollón destinarán parte dos remanentes do Plan Único de 2023 a acometer actuacións nos seus respectivos territorios.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...