InicioSucesosInterceptados dous xinetes que circulaban borrachos dacabalo por zona peonil no Arde...

Interceptados dous xinetes que circulaban borrachos dacabalo por zona peonil no Arde Lucus

A Policía Local intensificou os controis con motivo do 'Arde Lucus', con numerosas alcoholemias detectadas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Policía Local de Lugo notificou ao longo do fin de semana, cando se intensificaron os controis con motivo do Arde Lucus, numerosas alcoholemias. Entre os casos detectados, detectouse na Rúa Nova a dous xinetes que circulaban dacabalo e presentaban signos de embriaguez. Segundo informa nun comunicado, foron sometidos ás probas de detección de alcol. O primeiro lanzou un resultado positivo de 0,42 mg/l. O segundo negouse a someterse ás probas, sendo multado con 1.000 euros. Ademais, foron denunciados por transitar por zona peonil.

Así mesmo, tres condutores foron detectados cun índice de alcol tan elevado que se procedeu a instruír dilixencias por un delito contra a seguridade viaria en modalidade de xuízo rápido. Tamén se instruíron dilixencias por un delito deste tipo contra dous condutores que, nun dos casos perdera todos os puntos do carné de conducir, e noutro, nunca o tivo. Ademais, a Policía local trasladou que foron notificadas 14 alcoholemias administrativas en distintos puntos da cidade. Nestes casos, os condutores foron sancionados cunha multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

En Rolda Fontiñas detectouse, así mesmo, a circulación dun VMP, observando que o seu condutor presentaba signos de embriguez. Unha vez sometido ás probas, lanzou un resultado positivo de 0,55 mg/l, sendo sancionado cunha multa de 1.000 euros. Así mesmo, na Rúa Santiago foi interceptado un vehículo cuxo condutor arroxou un resultado positivo en cocaína, abríndose expediente sancionador cunha multa de 1.000 euros e a retirada de seis puntos de permiso de condución. Igualmente, foron detectados sete vehículos que circulaban sen seguro e dous sen a ITV ao día.

AUXILIO A CIDADÁNS

A Policía Local tamén informou de varios axulios a persoas na vía pública, entre eles a un mozo que caeu sobre o cristal que cobre a ‘piscina romana’, que resultou ferido na cabeza e foi auxiliado requirindo a presenza dunha ambulancia que o trasladou ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Outro mozo foi auxiliado cando se atopaba na rúa, na Avenida Pousa Antelo, cunha forte intoxicación etílica; mentres que na Praza de Santo Domingo axudouse a outra persoa en estado de embriaguez que tiña unha ferida na cabeza.

Na Rolda da Muralla auxiliouse a unha persoa que estaba sentada no chan manifestando que estaba a notar unha taquicardia moi forte e que foi trasladada ao HULA en ambulancia. Finalmente, con motivo do mercadillo semanal, celebrado o día 14 no Parque da Milagrosa, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio, sorprenderon a tres persoas ocupando espazo público para a venda ambulante non autorizada, sendo denunciados por infracción contra a Lei de Seguridade Cidadá, propóndose sanción de 600 euros a cada un deles.

ÚLTIMAS

Morre un peregrino en Pedrafita do Cebreiro tras sufrir unha indisposición

Un peregrino faleceu tras sufrir unha indisposición no municipio lucense de Pedrafita do Cebreiro....

Nova protesta contra o proxecto de Coeses: “Se houbera un compromiso da Xunta, isto xa estaba parado”

'Lugo non quere cheiros', a plataforma veciñal constituída para facer fronte á instalación dunha...

Monterroso recibe aos migrantes cunha foliada

https://www.instagram.com/reel/DAYw3ThMwpp/?igsh=MTd1b2Y1Z3M2N2g3Zw%3D%3D

José Tomé manifesta o seu rexeitamento á planta de Coeses: “Nós queremos industrias na provincia, pero non así”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, manifestou este xoves en Lugo o seu firme...