InicioEconomía"Boa noticia para Lugo", o TSXG confirma que o Concello de Lugo...

“Boa noticia para Lugo”, o TSXG confirma que o Concello de Lugo non ten que indemnizar ao promotor do Garañón

"Moi boa noticia", sinala a rexedora que considera que se ratifica o criterio municipal

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou o fallo do Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Lugo que desestimou o pago dunha indemnización ao promotor da urbanización do Garañón, en Lugo.

Faino aludindo, entre outras cuestións, a “a inexistente relación de causalidade entre as consecuencias” das sentenzas vinculadas ao Garañón “e os danos reclamados polo apelante”. “Os danos reclamados eran futuros e hipotéticos, de ningún xeito derivados dos únicos actos naquela data existentes”, sostén o fallo tras unha reclamación de responsabilidade patrimonial presentada xa en novembro de 2011.

Fíxose en base a decisións do Concello de Lugo e alegando, entre outros motivos, a “defectuosa tramitación do PERI”, así como por “a declaración de nulidade da aprobación do proxecto de urbanización e da licenza de obra de edificios”.

O apelante precisaba que o obxecto da súa reclamación de responsabilidade patrimonial foron os supostos danos derivados da anulación dos acordos da Xunta de Goberno Local de 14 de maio de 2007 e do 26 de marzo de 2008, que aprobaron, respectivamente, o proxecto de urbanización “da Unidade de Actuación CS-5 e a concesión de licenzas de obras de construción da primeira fase do edificio”.

“UNHA BOA NOTICIA”, DI A REXEDORA

Sobre o fallo, e en declaracións distribuídas aos medios de comunicación, a alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, cualifica como unha “gran noticia” que se avale a decisión xa adoptada por un xulgado en primeira instancia e que se rexeitasen “integramente” as formulacións do promotor do Garañón. “Moi boa noticia para os intereses económicos do noso concello”, sostén a rexedora que afirma que se “corroboran” os criterios dos técnicos e do consistorio en relación a este asunto.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...