InicioMedioambiente e PatrimonioO Goberno bota balóns fóra: asegura que "as posibles afeccións" do proxecto...

O Goberno bota balóns fóra: asegura que “as posibles afeccións” do proxecto de Altri deben ser avaliadas pola Xunta

Tamén lembra que as competencias do dominio público hidráulico corresponden ao Executivo autonómico.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Goberno central subliña que corresponde á Xunta realizar “calquera avaliación que resulte necesaria” e analizar “as posibles afeccións do proxecto” de fábrica de fibras téxtiles de Altri no municipio de Palas de Rei. Nunha resposta por escrito a unha pregunta do BNG no Congreso, o Goberno resalta que as competencias na xestión de dominio público hidráulico na zona de referencia “corresponden á comunidade autónoma ao tratarse de concas intracomunitarias”.

Sobre o trámite de autorización ambiental, que a Xunta sacou a información pública a comezos de marzo durante un mes, nesta resposta, o Goberno di (en contestación asinada o 30 de abril de 2024) que “actualmente non consta no Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico en tramitación ningún procedemento de avaliación ambiental sobre o proxecto para a instalación dunha planta de celulosa líquida en Palas de Rei”.

Doutra banda, o Goberno informa de que a superficie cultivada con eucaliptos (Eucalyptus spp.) en todo o Estado alcanza as 569.677 hectáreas, segundo os últimos datos do Anuario de Estatística Forestal 2021. “As políticas forestais das rexións onde alcanza as súas maiores extensións non inclúen o aumento da súa superficie nos próximos anos, ao establecerse limitacións a novas plantacións (Galicia, Asturias, País Vasco, Estremadura e Andalucía)”, agrega.

PESCA

Por outra banda, nun acordo do Parlamento galego de febreiro de 2021 recoñecíase a Galicia como “zona altamente dependente da pesca” e instábase ao Estado a levar a cabo os trámites oportunos ante as autoridades europeas para conseguir a citada declaración da comunidade galega. Cuestionado sobre este tema polo Bloque no Congreso, o Goberno central responde que “esta figura non existe na regulamentación comunitaria e, por tanto, tampouco existe ningún criterio para establecer a dependencia dunha zona concreta respecto da pesca”. No relativo aos fondos europeos, “esta figura tampouco foi contemplada en ningún deles, tampouco no actual Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), polo que non tería ningunha vantaxe financeira”, agrega.

ÚLTIMAS

Lugo inicia os trámites para abrir o novo comedor escolar de Fingoi II tras o anuncio da Xunta

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Educación, Iria...

Lugo promocionará en FITUR a súa rede museística coa campaña ‘Lugo é o match’

O Concello de Lugo participará de novo na Feira Internacional de Turismo (FITUR), que...

Detido un home por un delito de lesións tras unha pelexa na mañá de Aninovo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a unha persoa como presunta...

O Concello de Lugo recepciona o aparcadoiro da Avenida de Breogán enmendarse as deficiencias

O Concello de Lugo anunciou que finalmente recepcionará o aparcadoiro da Avenida de Breogán,...