InicioSociedadeO BNG denuncia a situación da sanidade pública na Fonsagrada: atención telemática...

O BNG denuncia a situación da sanidade pública na Fonsagrada: atención telemática a maiores e prazas sen cubrir

A deputada do BNG no Parlamento, Olalla Rodil, presentou unha serie de iniciativas para denunciar a situación sanitaria que se vive en Negueira de Muñiz e na Fonsagrada, onde asegurou que os seus habitantes "perden calidade de vida" debido á falta de asistencia facultativa ordinaria en horario completo. A formación nacionalista presenta iniciativas ante o Parlamento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A deputada do BNG no Parlamento, Olalla Rodil, presentou unha serie de iniciativas para denunciar a situación sanitaria que se vive en Negueira de Muñiz e na Fonsagrada, onde asegurou que os seus habitantes “perden calidade de vida” debido á falta de asistencia facultativa ordinaria en horario completo. A formación nacionalista argumenta nun comunicado que a sanidade pública nestes municipios é “máis necesaria que nunca” debido ao envellecemento poboacional e á dificultade que supón para as persoas maiores o desprazamento autónomo.

Rodil sinala que das cinco prazas que existen, unha está sen cubrir, concretamente a da persoa que se desprazaba dous días ata Negueira para atender aos veciños. Apunta tamén que outra se xubilou sen ser substituída. “Esta situación repercute directamente na situación da PAC pois supón unha diminución na calidade asistencial de dous concellos de montaña e dunha zona xeográfica moi extensa na que as distancias se multiplican por razóns orográficas”, asevera.

Lembran que a sanidade pública, e concretamente a Atención Primaria, está “directamente relacionada coa esperanza e a calidade de vida da poboación”. “Así mesmo, é un dereito fundamental da poboación o acceso a ela nas mellores condicións e, sobre todo, de maneira próxima”, insistiu Rodil. A deputada nacionalista asegura que “a Xunta de Galicia pretende reducir a atención no centro nun proceso de desmantelamento da sanidade pública”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...