InicioLugo e contornaLugoTres detidos por roubar 90 botellas de aceite valoradas en 950 euros

Tres detidos por roubar 90 botellas de aceite valoradas en 950 euros

Os feitos sucederon o pasado 14 de febreiro cando substrajeron, nun establecemento da localidade de Vilalba, 90 botellas de aceite valoradas en 950 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo en Vilalba a tres veciños de Lugo como presuntos autores de furtar 90 botellas de aceite nun supermercado valoradas en 950 euros e bebidas alcohólicas por un valor de 80 euros, entre outros.

Segundo informou o Instituto Armado, todos eles son presuntos autores dun delito continuado de furto e outro de pertenza a un grupo criminal.

Os feitos sucederon o pasado 14 de febreiro cando substrajeron, nun establecemento da localidade de Vilalba, 90 botellas de aceite valoradas en 950 euros.

Tamén, nun establecemento de Castro Ribeira de Lea, tentaron levar bebidas alcohólicas valoradas en 80 euros, así como botellas de aceite e de pemento valoradas en 920 euros, obxectivo que non conseguiron pola rápida intervención do persoal do supermercado.

Na investigación, os axentes constataron como os autores, todos eles membros da mesma familia, actuaban de forma coordinada. Unha vez chegaban aos supermercados dous deles enchían os carros da compra con botellas de aceite, pemento, bebidas alcohólicas e outros produtos.

Posteriormente, abandonaban o establecemento sen abonar a compra, mentres un deles entretiña, noutra zona do supermercado, aos empregados para que non se desen conta da manobra.

Durante a operación pescudaron a identidade e o vehículo que utilizaban para desprazarse e transportar os artigos subtraídos. Os detidos teñen “numerosos antecedentes” por delitos de furtos de aceite en diferentes supermercados da provincia. As dilixencias policiais foron remitidas á Autoridade Xudicial.

ÚLTIMAS

Chuvia, tractores e presión política: os gandeiros interpelan á Xunta e á Deputación de Lugo por Mercosur

Tras unha intensa xornada de protestas, os gandeiros e agricultores de Agromuralla e de...

O PP acusa a PSOE e BNG de “pisar o feminismo” para manter o poder na Deputación de Lugo

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Pazos Couñago, sinalou que o novo goberno...

Excarceran a un condutor tras caer co seu coche por un terraplén en Samos

Os Bombeiros de Sarria tiveron que excarcerar a unha persoa tras caer co seu...

Carmela López reivindica o papel da muller na política na súa elección como presidenta da Deputación de Lugo

A alcaldesa de Burela, a socialista Carmela López, foi elixida este mércores como nova...