Home Lugo e contorna Lugo Recibe o alta o lucense ferido no accidente de autobús do Imserso de Mallorca

Recibe o alta o lucense ferido no accidente de autobús do Imserso de Mallorca

0
Recibe o alta o lucense ferido no accidente de autobús do Imserso de Mallorca
O autobús do Imserso que envorcou no quilómetro 5 da estrada Ma-4030, 11 de marzo de 2024, en Mallorca, Baleares.. Isaac Buj - Europa Press

O turista lucense ferido no accidente de autobús rexistrado o pasado luns na estrada de Sant Lllorenç a Son Servera recibiu o alta. Segundo detallou este mércores o IbSalut, as persoas que permanecían hospitalizadas reducíronse a dúas, tras recibir o martes o alta tanto este turista lucense como outra persoa procedente de Aragón.

En concreto, os dous feridos que continúan ingresados, un home e unha muller de Zaragoza, están no Hospital Universitario de Son Espases e atópanse nun estado menos grave, pendentes de recibir o alta. O sinistro ocorreu este luns en Mallorca, cando o autocar se saíu da estrada Ma-4030 e caeu dun desnivel de dous metros, resultando feridas un total 24 persoas.

+ posts