InicioLugo e contornaLugoO PP lucense propón crear un "convenio colectivo propio" do sector da...

O PP lucense propón crear un “convenio colectivo propio” do sector da limpeza

Anunciou este luns a presentación de senllas iniciativas nos plenos do Concello e a Deputación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os grupos municipal e provincial do PP de Lugo anunciaron este luns a presentación de senllas iniciativas nos plenos do Concello e a Deputación para instar aos seus respectivos executivos a impulsar a creación de “un convenio colectivo propio para o persoal da limpeza” nas administracións públicas que representan.

O anuncio, realizado tras manter, indicaron desde o partido, reunións cos representantes dos traballadores das centrais sindicais de CIG, CC.OO. e UXT, tivo lugar 18 días despois de que o pasado 22 de febreiro sindicatos e patronal alcanzasen un preacordo para desconvocar a folga do servizo de limpeza de edificios e locais da provincia, iniciada o 16 de outubro.

“Desde o Grupo Municipal do PP imos presentar, xunto cos compañeiros da Deputación, unha iniciativa para o pleno solicitando a creación dun convenio colectivo propio para as persoas que se encargan da limpeza dos centros, dependencias e colexios do Concello de Lugo”, indicou, acerca da iniciativa, a concelleira do PP, Mar Carballas.

No caso do Concello, puntualizou Carballas, “o contrato da limpeza leva anos caducado e o novo contrato está en fase de valoración de ofertas”, polo que é necesario, proclamou, “pasar á acción para mellorar as condicións salariais e sociais” das traballadoras. “Esperamos que PSOE e BNG apoien esta iniciativa no pleno”, manifestou.

O PP lucense, que propuxo apostar para a creación do convenio específico propio por unha fórmula “como a do servizo de limpeza da Xunta, a das dependencias do Sergas ou a da Universidade”, chamou a atención sobre a importancia de iniciar canto antes “unha negociación cos representantes sindicais” para impulsar un acordo que defenda, dixeron, os dereitos dun sector “fundamental” tras 130 días de folga.

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...