InicioPolíticaA portavoz da Deputación denuncia o "cálculo electoralista" da Xunta na xestión...

A portavoz da Deputación denuncia o “cálculo electoralista” da Xunta na xestión da vertedura de pélets

O pleno aproba unha moción para activar un dispositivo de limpeza nunha sesión interrompida pola protesta dunha plataforma de Becerreá.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz socialista da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, denunciou este martes na sesión plenaria da institución provincial a “inacción”, a “incapacidade” e o “cálculo electoralista” levado a cabo pola Xunta de Galicia na súa xestión da situación xerada pola vertedura de pélets do buque ‘Toconao’.

As declaracións tiveron lugar no marco da celebración dunha sesión extraordinaria na que o pleno da Deputación aprobou (cos votos a favor de PSdeG e BNG e a oposición do PP) unha moción para esixir á Xunta de Galicia a activación dun dispositivo de limpeza en todo o litoral e a creación dun comité de seguimento con todas as administracións para aclarar a composición do material vertido e as súas posibles afeccións ao medio.

García Porto, que criticou durante a súa intervención a “desidia”, a “falta de rigor” e a “desinformación” da que, na súa opinión, fixo gala a Xunta durante toda a xestión da vertedura de plásticos, acusou ao PP de “porse de perfil cando hai problemas”. “De que nos serve aos galegos un Goberno como o da Xunta?”, preguntouse en voz alta. A réplica do PP correu cargo do deputado Demetrio Salgueiro, que subliñou, en relación á xestión da crise ambiental, que era o Estado quen tiña a “competencia directa” sobre a materia ao tratarse dunha “cuestión nacional que afectaba a varias comunidades autónomas”.

“Desta crise imos lembrar a inacción do Goberno do Estado, o uso político da desgraza e a indecencia de facer unha comparativa co Prestige”, sinalou o deputado popular, para acto seguido acusar a PSOE e BNG de “manipular” fotografías e ironizar sobre a actuación do Executivo central: “O Goberno achegou só un avión que deu catro pasadas de paseo e que non sabemos se era o avión do señor presidente que viña dalgún mitin”.

A SITUACIÓN DA ATENCIÓN PRIMARIA

Outro dos grandes asuntos abordados na sesión plenaria da Deputación foi a proposta do Goberno Provincial de apoiar o manifesto e a convocatoria da Plataforma SOS Sanidade Pública a concentrarse o próximo 4 de febreiro en defensa do sector. “A Sanidade está no peor momento da etapa democrática en Galicia. Nunca estivo tan mal. Hoxe hai que esperar mínimo tres semanas para que te atenda un médico en atención primaria”, declarou, á mantenta da materia e minutos antes do inicio do pleno, o presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Tomé.

Na mesma liña situouse durante a sesión a portavoz socialista da institución, Pilar García Porto, que acusou á Xunta de “desmantelar” a sanidade pública. “Hoxe hai 1.100 profesionais menos en atención primaria dos que había cando chegou á presidencia da Xunta Feijóo hai 15 anos”, subliñou. O deputado do grupo popular provincial, Francisco Balado, responsabilizou pola súa banda a PSOE e BNG de “focalizar en Galicia un problema que é xeneralizado, afecta a todo o país e consiste na falta de médicos de familia”.

“Trátase dun problema que deriva do claro desinterese que teñen o Ministerio de Sanidade e o Goberno de Pedro Sánchez de atender as necesidades das comunidades autónomas”, profundou Balado. A moción presentada polo Grupo Provincial Socialista reclamando á Xunta un plan de choque para a atención primaria e a redución das listas de espera foi tamén aprobada no pleno cos votos a favor de PSdeG e BNG.

INTERRUPCIÓN DO PLENO

A sesión plenaria, na que a alcaldesa de Burela, Carmela López, xurou o seu cargo como deputada provincial asumindo a área de Economía, tivo que ser temporalmente suspendido debido á protesta dun grupo de integrantes dunha plataforma de veciños do municipio de Becerreá que ingresaron ao salón de plenos demandando a apertura dunha residencia de maiores no municipio. Decenas de veciños, ataviados con chalecos amarelos, interromperon o pleno para esixir a apertura do centro, construído con fondos provinciais, provocando un receso na sesión dun dez minutos de duración.

ÚLTIMAS

Sindicatos sanitarios da área de Lugo piden á Xerencia que aplique a xornada de 35 horas en Atención Primaria

O comité de centros de atención primaria da área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte de...

O Concello de Lugo destaca que o Arde Lucus consolida á cidade como “referente turístico”

A edil de Cultura, Turismo e Promoción de Lingua do Concello de Lugo, Maite...

Condenado a 26 anos de cárcere o home que asasinou a Cristina Cabo no seu domicilio de Lugo

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou, en base ao veredicto do tribunal do...

A Deputación de Lugo aproba o patrocinio dunha etapa da Vuelta a España, do Caudal Fest e melloras no Museo Provincial

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres dúas actuacións promocionais e unha importante...