InicioEconomíaTraballadoras da limpeza de Lugo encérranse na sede da Xunta tras a...

Traballadoras da limpeza de Lugo encérranse na sede da Xunta tras a proposta “insuficiente” da patronal

As profesionais reclaman a inclusión no convenio de cláusulas de revisión.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Traballadoras do servizo de limpeza de edificios e locais da provincia de Lugo, en folga desde o 16 de outubro, encerráronse este xoves en sinal de protesta nas instalacións da Xunta de Galicia na capital para esixir á administración que tome cartas no asunto e para denunciar a proposta “completamente insuficiente” recibida de parte da patronal na tarde do mércores.

O acto de protesta, no que tomaron parte decenas de profesionais xunto á representante de CIG-Servizos na provincia de Lugo, Asunción Castiñeira, e o secretario xeral da Confederación Intersindical Galega, Paulo Carril, comezou ás 11.00 horas e prolongouse durante toda a mañá. “Encerrámonos aquí no edificio da Xunta, despois de 102 días de folga, porque a Xunta é o principal cliente destas empresas de limpeza“, explicou, en declaracións a Europa Press Asunción Castiñeira, para acto seguido puntualizar que as administracións deben tomar “dunha maneira clara cartas no asunto” para lograr unha solución a un conflito que “se está prolongando demasiado”.

O peche tivo lugar tan só un día despois de que na tarde do mércores a patronal remitise á representación dos traballadores unha proposta escrita (a primeira formulada desta maneira desde o inicio do paro indefinido do sector) para tratar de achegar posturas cos sindicatos. Unha proposta “completamente insuficiente”, denuncia a CIG, porque “non contempla cláusula de revisión”, unha demanda que, sostén o sindicato, “permite garantir que non volva ocorrer unha situación como esta”.

UNHA “PROPOSTA INSUFICIENTE”

Tras 102 días en folga e cun convenio colectivo caducado en decembro de 2021, os sindicatos consideran que a proposta trasladada o mércores pola patronal supón “un comezo” na negociación pero resulta “insuficiente” e “chega tarde”. “O único avance é que sacan de encima da mesa establecer o valor fixo do trienio e que os incrementos vaian a plusconvenio e non a toda a táboa salarial“, indica Asunción Castiñeira, que responsabiliza á patronal Aspel de actuar de “mala fe” aínda sendo perfectamente consciente de “o que supón para as traballadoras o atraso na negociación”.

“Hai un avance porque unha serie de recortes que se puxeron encima da mesa retiráronse, pero non contempla algo que para nós é imprescindible, que é a cláusula de revisión”, profundou, respecto da proposta recibida, a representante de CIG-Servizos. A proposta de Aspel, que non alcanza, sosteñen desde a CIG, “para desconvocar a folga”, será sometida a debate este venres na Asemblea do sector, catro días antes da celebración, o martes 30 de xaneiro, dunha reunión entre patronal e sindicatos.

ÚLTIMAS

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...

Detida unha muller de 20 anos de idade tras tentar introducir marihuana no centro penal de Monterroso

A Garda Civil detivo a unha muller de 20 anos de idade, veciña de Pontevedra, como presunta...