InicioSucesosTrasladan en helicóptero ao Hospital de Lugo a un home que caeu...

Trasladan en helicóptero ao Hospital de Lugo a un home que caeu desde o tellado da súa casa en Monterroso

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home caeu desde o tellado da súa casa no lugar de Airexe, en Ligonde -Monterroso (Lugo) e tivo que ser trasladado ao Hospital Lucus Augusti da capital lucense. Segundo recolle o parte do 112 Galicia, o aviso chegou a través do 061, que comunicou o ocorrido sobre as 17,10 horas deste mércores. Ata o lugar trasladouse o helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Para sinalizar e dar apoio ás manobras de aterraxe da aeronave, que tomou preto do lugar dos feitos, o 112 Galicia solicitou a colaboración da Garda Civil, do GES de Monterroso e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Finalmente, os membros do GES confirmaron o traslado do ferido na aeronave ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...