InicioCulturaExposición "Soños" do naviego Manuel Pérez Villar no Vello Cárcere de Lugo

Exposición “Soños” do naviego Manuel Pérez Villar no Vello Cárcere de Lugo

Esta tarde ás 19h será a inauguración, e ata o 29 de febreiro será posible visitar esta nova exposición deste pintor de Navia de Suarna con influencias no romanticismo, realismo e impresionismo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Durante cinco semanas será posible descubrir a exposición “Soños” de Manuel Pérez Villar, pintor autodidacta nado en Navia de Suarna, que leva debuxando dende moi neno, e pintando óleo sobre lenzo dende os vinte anos.

Hoxe ás 19h00 será a inauguración, na que tamén participará o escritor naviego Toño Núñez.

Os cadros de Manuel “mesturan o realismo co impresionismo e co romanticismo, tendo participado en diversas exposicións en Navia de Suarna e en Lugo, e tamén nalgunha exposición colectiva. As obras que conforman esta exposición reflicten as paisaxes da montaña dos Ancares, as súas noites, que quizás sexan as máis representativas do sentir do autor, e que queren trasladar a quen as contempla a beleza e o sentimento que nos envolve nese entorno tan especial e tan fermoso”.

+ posts

ÚLTIMAS

‘Sirat’ gaña o Mestre Mateo a Mellor Película

'Sirat' alzouse co premio a Mellor Película nos XXIV Premios Mestre Mateo e arrebatoullo...

Gala dos Mestre Mateo: a forza do talento galego reúnese en Lugo

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asistiu este sábado á gala dos...

A Deputación participa na xornada de conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, e o Deputado de Participación...

Localizado en Bóveda o ancián desaparecido da residencia DomusVi de Monforte

O octoxenario que faltaba da residencia DomusVi de Monforte desde a noite do pasado...