InicioSucesosRatifican sete anos de cárcere para un home que tentou matar o...

Ratifican sete anos de cárcere para un home que tentou matar o seu compañeiro de residencia en Baralla

O TSXG subliña na sentenza que a agresión se produciu "no contexto dunha inimizade previa coa vítima, cun coitelo de cociña de aproximadamente 21 centímetros de folla".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da Audiencia Provincial de Lugo que condenou a sete anos de cárcere, como autor dun delito tentado de homicidio, a un home que atacou ao seu compañeiro de residencia cun coitelo en 2021 en Baralla.

O tribunal de primeira instancia considerou probado que tiña intención “de ocasionarlle a morte” cando lle cravou a arma branca á vítima no seu costado esquerdo e, a continuación, tentou asestarlle unha nova coitelada na zona do tórax, a cal ingresou, segundo o tribunal, “moi pouco no corpo do afectado”.

Diso informou o TSXG, que sinala que, desta forma, os maxistrados desestimaron o recurso presentado polo condenado, que alegaba que a Audiencia Provincial incorrera nunha errónea valoración da proba, vulnerado a presunción de inocencia e, finalmente, que errara na cualificación dos feitos, ao considerar que se trataba de delito de lesións, en lugar do tentado de homicidio.

O TSXG subliña na sentenza que a agresión se produciu “no contexto dunha inimizade previa coa vítima, cun coitelo de cociña de aproximadamente 21 centímetros de folla”. Ademais, apunta que o acusado, polos seus antecedentes penais, coñece as consecuencias que pode ter a agresión, pois xa fora condenado por un delito de asasinato.

Todo iso fai que os maxistrados conclúan que “a intención de privar da vida apreciada pola sentenza de instancia é correcta”. Ademais, a Sala non comparte que a proba fose insuficiente para desvirtuar a presunción de inocencia do procesado, á vez que indica que “tampouco todo o probado permite contemplar a versión alternativa de que sería a propia vítima quen se causou as lesións abalanzándose contra o recorrente mentres este portaba defensivamente un coitelo”. O TSXG destaca que non hai ningún dato que avale tal versión.

+ posts

ÚLTIMAS

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Detido un mozo en Lugo por unha suposta agresión sexual

Un home de 18 anos atópase detido en dependencias policiais acusado dunha suposta agresión...

Aberta a circulación de trens na variante da Pobra de San Xiao

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través de Adif, puxo en explotación...