InicioPolíticaTomé pide a dimisión do conselleiro do Mar por "incompetencia"

Tomé pide a dimisión do conselleiro do Mar por “incompetencia”

O presidente da Deputación de Lugo cre que as declaracións do mércores "non deixan lugar a dúbidas da súa total incapacidade" para exercer as súas responsabilidades.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé (PSOE), pediu a dimisión do conselleiro do Mar, Alfonso Villares, pola súa “incompetencia” á hora de xestionar a vertedura de pélets plásticos que afecta á costa galega e que, segundo o socialista, quedou de manifesto coas últimas declaracións do excalcalde de Cervo nas que dixo que “calquera persoa” pode comer “ás veces accidentalmente algún plástico” e que “entra por onde entran e saen por onde saen”.

Nun comunicado emitido pola Deputación de Lugo este xoves, o tamén rexedor de Monforte de Lemos cualificou de “inaceptables e vergoñosas” estas palabras do conselleiro do Mar, de quen sentencia que “nunca demostrou preparación nin coñecemento sobre a actividade pesqueira”.

“Cando tomou posesión, el mesmo (Villares) recoñeceu que ía dedicar o seu tempo a coñecer o sector”, incidiu Tomé, que ve “incomprensible” que o responsable de Mar no Goberno galego “non saiba nada da materia e dos recursos que lle toca xestionar”.

Con todo, cre que as declaracións do mércores “non deixan lugar a dúbidas da súa total incapacidade” para exercer as súas responsabilidades “e nin sequera para representar aos cidadáns”, co que instou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a prescindir de Villares.

“Queda moi pouco para un cambio de goberno na Xunta, pero, polo menos, que non siga facendo o ridículo, nin insultando á intelixencia do galego. O primeiro que ten que facer este señor é aprender vocabulario para dirixirse á xente”, destacou Tomé.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...