InicioLugo e contornaLugoOs actos vandálicos por pintadas ilegais custáronlle a Lugo máis de 58.000...

Os actos vandálicos por pintadas ilegais custáronlle a Lugo máis de 58.000 euros desde 2022

Ante a proliferación deste tipo de agresións incrementáronse os dispositivos de control e vixilancia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O custo da reparación de actos vandálicos por pintadas ilegais no Concello de Lugo ascendeu a máis de 58.000 euros e supuxo 370 días de traballo desde xaneiro de 2022.

Segundo informou o Concello, ante a proliferación deste tipo de agresións ao patrimonio, incrementaron os dispositivos de control e vixilancia realizados pola Policía Local, co obxectivo de aliar as “lesivas consecuencias” sobre a cidade e a súa contribución á rápida deterioración dos “rostros dos barrios”.

“Cada vez existe unha maior conciencia da degradación que xera nos espazos públicos as pintadas interpretadas como acto vandálico, por iso é necesario non pasar por alto este tipo de actitudes, cuxa erradicación leva un alto custo económico e de recursos”, apuntou o responsable de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández.

Así, explicou que a arte urbana “cobra un valor crucial” no proceso de rexeneración de determinadas zonas, pero “é esencial” que esas iniciativas, ben sexan públicas ou privadas, conten cos permisos necesarios para a súa execución.

Ademais do control realizado polos axentes da Policía Local para evitar a proliferación de pintadas ilegais, que nos últimos meses deron como resultado a tramitación de catro expedientes sancionadores, o Executivo de Lara Méndez traballa noutras vías para crear unha estratexia para “manter limpa a cidade”. De forma complementaria á acción sancionadora, o departamento de Transición Ecolóxica, ademais de actuar de forma regular nos edificios municipais, conta cun servizo gratuíto de limpeza de fachadas que está a disposición dos cidadáns para actuar en edificios privados, que este ano realizou 170 servizos.

Finalmente, o terceiro eixo estratéxico aposta pola promoción da arte urbano como ferramenta regenerativa dos espazos públicos.

ÚLTIMAS

Achado morto ao octoxenario desaparecido en Láncara

Un octoxenario foi achado este sábado sen vida tras levar varias horas desaparecido no...

Colisión frontal en Lugo deixa tres persoas hospitalizadas

Tres persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada tras unha colisión...

O Concello de Lugo reclama á Xunta a recuperación inmediata do antigo cuartel de San Fernando

O Concello de Lugo reclamou á Xunta que execute de inmediato a recuperación do...

A Deputación de Lugo impulsa unha campaña para apoiar ás familias na volta ao cole

A Deputación de Lugo e a Federación Galega de Comercio lanzaron este venres na...