InicioSociedadeTomé mostra a súa preocupación polas "máis de 4.000 mulleres en risco...

Tomé mostra a súa preocupación polas “máis de 4.000 mulleres en risco de violencia” en Galicia

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, mostrou este venres o seu “total apoio” ás organizacións que loitan contra a violencia machista e mostrou a súa preocupación polas “máis de 4.000 mulleres” galegas que, dixo, atópanse actualmente “en risco” de sufrir violencia a mans das súas parellas ou ex parellas. “É lamentable o número de persoas que falecen simplemente polo feito de ser mulleres”, manifestou, en declaracións a Europa Press, o líder do Executivo provincial, antes de asegurar que “mentres haxa unha vítima” os poderes públicos farán “todo o posible para protexela”.

Consultado polos casos de violencia machista rexistrados na provincia de Lugo no que vai de ano, José Tomé recoñeceu que a alarma é maior “cando as cousas pasan máis preto”, pero insistiu na importancia de desenvolver ferramentas e protocolos de protección porque todas, matizou, “son persoas e son vítimas”. “Ao final dá igual que morran en Lugo que en Alxeciras”, exemplificou. Antes de participar nun percorrido polas rúas de Lugo xunto a outros membros da Corporación Provincial con motivo do 25N, tamén incidiu na maior vulnerabilidade á que están expostas as vítimas de violencia nas áreas rurais.

Hai que facer os esforzos en todos os sitios, pero máis no rural que no medio urbano. No rural as vítimas están máis distantes dos servizos públicos e por tanto dos elementos de protección e teñen un dobre risco“, apuntou. Na xornada previa á conmemoración do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, a deputada provincial Marisol Morandeira foi a encargada da lectura dun comunicado co que a corporación mostrou o seu rexeitamento unánime á violencia machista.

+ posts

ÚLTIMAS

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...

O PP ve como “unha peaxe” o convenio de 2 millóns de euros entre Deputación e Concello de Monforte

O portavoz provincial do PP, Antonio Ameijide, pregunta a Carmela López se a achega...