Home Lugo e contorna Lugo O sorteo da Primitiva deixa case 60.000 euros en Lugo

O sorteo da Primitiva deixa case 60.000 euros en Lugo

0
O sorteo da Primitiva deixa case 60.000 euros en Lugo

Un boleto selado en Lugo resultou agraciado cun premio de 59.819,62 euros no sorteo da Primitiva deste sábado, ao ser un do tres acertantes de cinco números máis o complementario. Este boleto vendeuse na administración da Avenida da Coruña, 433 da capital lucense.

A combinación gañadora compúñana os números 03, 49, 43, 32, 07 e 15 máis o 41 (complementario) e o 4 (reintegro), non habendo ningún boleto acertante nin de categoría especial (seis acertos máis o reintegro) nin de primeira categoría (seis acertos), segundo informa Lotarías e Apostas do Estado e recolle Europa Press. Os outros dous boletos de cinco acertos máis o complementario, ademais do selado en Lugo, rexistráronse nos municipios de Valencia de Don Juan (León) e Estepona (Málaga).

+ posts