InicioLugo e contornaLugoO mozo lucense que atacou e ameazou a súa nai cunha pistola...

O mozo lucense que atacou e ameazou a súa nai cunha pistola simulada foi detido

Os axdentes atoparon ao suposto autor dos feitos nas inmediacións da casa dunha familiar.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un veciño da cidade, de 27 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia no ámbito familiar. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na tarde deste luns, cando a sala do 092 recibiu un aviso para acudir a un edificio da Avenida da Coruña, onde unha muller estaba a ser agredida e ameazada polo seu fillo.

Cando os axentes chegaron, a porta do domicilio estaba aberta e, ao acceder ao interior, atopáronse cunha muller ferida, con lesións nun brazo e na boca. A muller explicoulles que o seu fillo se puxo moi agresivo e atacouna e ameazouna, chegando a introducirlle unha pistola na boca, antes de ausentarse da vivenda. Os policías pediron unha ambulancia, que trasladou á vítima ao HULA. Ademais, os funcionarios localizaron no domicilio a arma, unha pistola simulada de bólas de plástico, que foi intervida. Posteriormente, atoparon ao suposto autor dos feitos nas inmediacións da casa dunha familiar, onde foi detido.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...