InicioSucesosInterceptan a un condutor que se deu á fuga tras ser detectado...

Interceptan a un condutor que se deu á fuga tras ser detectado conducindo de forma temeraria no Paseo dos Estudantes

PUBLICADA O

- Advertisement -

Policía Local de Lugo detectou na madrugada deste venres a un home que conducía de forma temeraria o seu vehículo pola rúa Paseo dos Estudantes, momento no que os axentes iniciaron unha persecución por diferentes rúas ata que lograron interceptalo.

Unha vez detido o vehículo, a Policía abriu catro expedientes sancionadores ao condutor do turismo por condución temeraria, non respectar ordes e indicacións dos axentes, non respectar a luz vermella dun semáforo e non deterse nun ‘stop’.

Por todas estas infraccións, o condutor enfróntase a sancións de máis de 1.000 euros e a retirada, en total, de 18 puntos do permiso de condución.

Así mesmo, a policía lucense detectou este madrugada cinco vehículos que non constaban coa ITV no prazo debido, ademais de dous vehículos que circulaban carecendo do seguro obrigatorio para automóbiles.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...

Asistencia da Deputación a unha palestra organizada por Somos Unidos por el Cáncer

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistiu este xoves á...