InicioLugo e contornaLugoInvestigado un condutor ao negarse a facer unha proba de alcoholemia tras...

Investigado un condutor ao negarse a facer unha proba de alcoholemia tras un accidente en Lugo

Un condutor sufriu sobre as 4,30 horas da madrugada deste mércores unha saída de vía e chocou contra un colector na rúa Xenebro, en Lugo. A Policía Local desprazouse ata o lugar e observou que o home presentaba signos de embriaguez, aínda que se negou a realiza a proba de alcoholemia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un condutor sufriu sobre as 4,30 horas da madrugada deste mércores unha saída de vía e chocou contra un colector na rúa Xenebro, en Lugo. A Policía Local desprazouse ata o lugar e observou que o home presentaba signos de embriaguez, aínda que se negou a realiza a proba de alcoholemia.

Por este motivo, o home está investigado por un delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido. Enfróntase a unha pena de prisión de entre seis meses e un ano, así como a privación do dereito a conducir vehículos a motor entre un e catro anos.

Por outra banda, os axentes detectaron a tres condutores que deron positivo en alcol durante a realización dun control nocturno na rúa Lamas de Prado. Noutra orde de cousas, a Policía Local informa de que se identificou a unha muller como autora do furto a unha empregada dun establecemento na Praza de Augas Férreas. Recibiuse unha chamada de que tiñan retida á autora, que roubara o bolso dun armario dentro da cociña.

+ posts

ÚLTIMAS

Os Ancares atesouran un potencial astronómico destacado pola Deputación

O Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias, abriu este xoves...

Denuncian a supresión da área de Promoción da Lingua no Concello de Lugo

A Plataforma Queremos Galego denunciou a supresión da área de Promoción da Lingua no...

Reunións de Candia con representantes do Arde Lucus e Lugo Monumental de cara a colaborar co tecido asociativo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e os concelleiros Damián Carballo e Mar Carballas...

Policías locais evitan que se propague un incendio orixinado en dous colectores cara a un edificio habitado

Axentes da Policía Local de Lugo lograron evitar que un incendio declarado en varios...